A nosa empresa foi unha das beneficiarias da convocatoria Conecta Hubs para a realización de proxectos colaborativos nas áreas estratéxicas dos Hubs de Innovación Dixital, cuxa concesión foi publicada o pasado 18 de outubro. Dentro desta convocatoria, Reclam Publicidad Marketing y Artes Gráficas participa no consorcio integrado por Redegal, Sistemas Audiovisuales Itelsis, Reclam Publicidad Marketing y Artes Gráficas y Coop Ourensanas, S Coop. Galega para levar adiante o proxecto “Plataforma de Analítica avanzada de produto para a toma de decisións dende o consumidor” (PLATAFORMA APTC).
Dentro da citada convocatoria, o proxecto é subvencionado pola Axencia Galega de Innovación e con cargo aos fondos FEDER para o desenvolvemento rexional, así coma apoiado pola Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.
O proxecto APTC pretende levar a cabo a concepción, investigación e desenvolvemento prototipo dunha plataforma integral de analítica de producto e consumidores no punto de venda. Esta plataforma estará enfocada a satisfacer as necesidades de información e analítica que os fabricantes e productores do sector agroalimentarion teñen para tomar decisións ‘data-driven’ (apoiadas en datos) sobre as características intrínsecas (receta, forma, tamaño, peso,e tc.) e extrínseca (manipulación, empaquetado, posicionamento, publicidade, etc.) dos seus productos.
Dentro destes obxectivos xerais, Reclam Publicidad Marketing y Artes Gráficas realiza diferentes tarefas de análise do mercado e do produto, estratexia de implementación de campañas de comunicación, deseño e promoción.
Finalizada a primeira anualidade do proxecto, o consorcio puido seguir bastante de preto a planificación prevista, e con iso púidose avanzar exitosamente nos seguintes fitos do mesmo:
• Definíronse as necesidades e limitacións de sensorización en tendas físicas e dixitais de acordo a un proceso de análise de clientes e análise de mercado.
• Obtívose un deseño completo dos distintos sistemas de sensorización en espazos físicos, así como da súa integración e comunicacións coa plataforma de datos, e actualmente estase traballando na fabricación dos mesmos.
• Obtívose un deseño completo da arquitectura técnica da plataforma de datos, así como unha implementación funcional da primeira iteración da mesma. Actualmente estase traballando no desenvolvemento da segunda iteración enfocada no procesamento avanzado dos datos.
Durante o primeiro semestre do ano 2022, o consorcio puido avanzar nos seguintes fitos:
• Realizáronse entrevistas con distintos actores pertencentes ao ámbito da distribución e un estudo de mercado para analizar o comportamento dos consumidores en tenda.
• Está a finalizarse a fabricación do hardware necesario para os sistemas de sensorización en espazos físicos.
• Desenvolveuse o sistema de integración dos eventos de interacción dos clientes cos produtos tanto para tenda física como dixital. Actualmente estase traballando na transformación dos datos de sensorización en espazos físicos a unha representación de máis alto nivel, e no enriquecemento dos eventos de interacción con produto.
Esta última anualidade (2022-2023), o consorcio enfocouse particularmente na validación, evolución e corrección dos prototipos, primeiro sobre unha contorna e probas experimentais e finalmente sobre unha contorna real, coa realización dun piloto nun supermercado real propiedade de COREN.
Finalizada a anualidade e o proxecto:
- Puidéronse completar todas as actividades previstas dentro do cronograma de traballo, sen que os atrasos acumulados nalgunhas delas afectasen á totalidade do proxecto.
- Chegouse a alcanzar un dos obxectivos máis ambiciosos do proxecto, chegar a probar o sistema cun piloto nunha contorna real.
- Conseguiuse alcanzar un nivel TRL de 7, validado en contorna experimental e probado en contorna real.
- Puidéronse alcanzar e superar todos os indicadores de progreso definidos ao comezo do proxecto.
- Capacidade de medición en punto de venda: 28 parámetros fronte a 12 obxectivo.
- Capacidade de Monitorización e Seguimento de Indicadores: 44 KPIs fronte a 10 obxectivo.
- Capacidade de Análise e Experimentación: 8 funcionalidades de análise fronte a 5 obxectivo.
Unidos para promover el desarrollo tecnológico, la innovación y una investigación de calidad
RECLAM PUBLICIDAD MARKETING Y ARTES GRAFICAS, S.A. ha sido beneficiaria del Fondo Europeo de Desarrollo Regional cuyo objetivo es potenciar la investigación, el desarrollo tecnológico y la innovación, y gracias al que ha creado un Plan de Comunicación Interna, para apoyar la creación y consolidación de empresas innovadoras. Esta acción ha tenido lugar durante 2021. Para ello ha contado con el apoyo del programa InnoCámaras de la Cámara de Comercio de A Coruña.
Este proyecto está cofinanciado por el Fondo Europeo de Desarrollo Regional
Unidos para garantizar un mejor uso de las Tecnologias de la Información y de las Comunicaciones
RECLAM PUBLICIDAD MARKETING Y ARTES GRAFICAS, S.A. ha sido beneficiaria del Fondo Europeo de Desarrollo Regional cuyo objetivo es mejorar el uso y la calidad de las tecnologías de la información y de las comunicacione y el acceso a las mismas y gracias al que ha podido mejorar en competitividad y productividad mediante la implantación de un sistema de gestión de clientes (CRM). Esta acción ha tenido lugar durante 2019. Para ello ha contado con el apoyo del programa TicCámaras de la Cámara de Comercio de A Coruña.
Este proyecto está cofinanciado por el Fondo Europeo de Desarrollo Regional «Una manera de hacer Europa»