A internet da boa xente.
Comprar produto local, sorrir ou contestar todas as túas chamadas son cousas moi sinxelas polas que debemos comezar se queremos ser boa xente.
É a base sobre a que construímos a campaña de relanzamento de Fibralar, o novo operador galego de telecomunicacións. Porque só a boa xente adestra cada día para ser mellor, sendo unha marca máis ética e comprometida.
Presente en televisión, radio, online e exterior cunha ambiciosa estratexia de medios para conseguir consolidarse como líder no seu sector e levar internet a toda a boa xente.




