Fibralar
Comprar produto local, sorrir ou contestar todas as túas chamadas son cousas moi sinxelas polas que debemos comezar se queremos ser boa xente.
É a base sobre a que construímos a campaña de relanzamento da marca Fibralar, o novo operador galego de telecomunicacións. Porque só sendo boa xente e adestrando cada día para ser mellores, podes ofrecer aos teus clientes o mellor servizo sendo unha marca máis ética e comprometida. Porque Fibralar, ademais, inviste parte do que gaña en causas sociais de Galicia.
A campaña está presente en televisión, radio, online e exterior cunha ambiciosa estratexia de medios para conseguir consolidarse como líder no seu sector e levar internet a toda a boa xente.